Política de Privacidade

Política de privacidade

nformación básica sobre Protección de datos de carácter persoal. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase ao interesado do seguinte:

RESPONSABLE DO TRATAMIENTO

Identidade:

MARMURIO S.L.

Enderezo postal:

Rúa Don Pepe Puga 4, 1º Allariz 32660, Ourense (España).

CIF:

B67882589

Correo electrónico:

marmuriodorio@marmuriodorio.es

Página web:

www.marmuriodorio.es

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Trataranse os datos para a xestión da reserva, a prestación do servizo e prospección comercial dos nosos servizos/produtos, así como para evitar duplicidades con outros restaurantes que compartan software de reservas. Ademais, os teus datos pasarán a formar parte da nosa base de datos de clientes.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais, mentres non se solicite a supresión dos mesmos, ou ben ata que deixen de axustarse á finalidade para a que foron solicitados.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato ou o seu consentimento inequívoco.

DESTINATARIOS

Poderanse realizar cesións de datos a provedores ou para fins estatísticos. Tamén se poderán realizar cesións de datos a outros restaurantes que compartan o mesmo software de reservas unicamente coa finalidade de detectar duplicidades. En caso de pedido a domicilio, compartiranse os datos a empresas de delivery para xestionar a entrega do pedido.

Se a prestación do servizo require a aceptación dunha Política de Cancelación ou calquera tipo de pago, estes xestionaranse mediante a pasarela de pago de Stripe. Para iso, cederanse os datos (exclusivamente correo-e e ome asociado á reserva) a Stripe, Inc (unha empresa situada en EEUU) para a xestión do pago. MARMURIO S.L. non recibirá en ningún caso datos bancarios ou relativos ás tarxetas; estes introduciranse directamente na plataforma Stripe, quen pasará a ser responsable dos devanditos datos.

Poderán transmitirse os datos a outras empresas do grupo con fins de xestión administrativa.

DEREITOS

Ampárano os seguintes Dereitos recolleitos polo RGPD:

Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais: poderase requirir información ao responsable dun ficheiro sobre se os seus datos persoais están a ser tratados.

Dereito a solicitar a rectificación: permite solicitar a modificación de datos que sexan inexactos ou incompletos.

Dereito a opoñerse ao tratamento: permite solicitar que deixen de tratarse os datos baixo os requisitos establecidos legalmente.

Dereito a solicitar a súa supresión: revogar o consentimento prestado e solicitar que se eliminen os datos persoais.

Dereito á limitación do seu tratamento: dereito a esixir que se apliquen medidas sobre eses datos para, entre outras cousas, evitar a súa modificación ou, no seu caso, o seu borrado ou supresión.

Dereito á portabilidade dos datos: solicitar que se lle facilite a información nun formato estruturado e claro a outro responsable.

Como exercer estes dereitos?

– Mediante un escrito dirixido a: Rúa Don Pepe Puga 4, 1º Allariz 32660, Ourense (España).

– Mediante correo electrónico dirixido a marmuriodorio@marmuriodorio.es

En calquera momento, o interesado poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos para facer valer os seus dereitos no enderezo de correo electrónico dpd@agpd.es

Todos os datos solicitados a través do sitio web son os mínimos necesarios en base ao principio de minimización de datos, xa que son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao usuario. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, o prestador non garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.

O prestador adoptou todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos de carácter persoal que trate, así como para evitar a súa perda, alteración e/ou acceso por parte de terceiros non autorizados.